A comunidade educativa do CEIP Silleda, reuniuse onte para informar e cambiar impresións sobre a posible implantación da xornada única.
Para esta reunión contouse coa colaboración da presidenta da AMPA do CEIP Silleda, e tamén cun membro da AMPA do CEIP Manuel Rivero de Lalín.
Ambolos dous acompañados da directora do CEIP Silleda e da portavoz da comisión da xornada única Silvia Peña, explicaron as vantaxes e desvantaxes que esta xornada ten para os alumnos.
Os pais e nais tiveron oportunidade de plantexar as suas dúbidas en torno as cales xurdiu un pequeno debate.
Lembrade que o vindeiro 27 de Febreiro serán as votacións e esperamos que todos expresedes a vosa opinión.
Os profes
No hay comentarios:
Publicar un comentario