RESULTADO DA VOTACIÓN

Os profes queremos agradecer a participación de tódolos pais e nais que onte acudiron a votar. O resultado é que a maioria dos pais queren a xornada única.

O mais salientable é que moitos pais viñeron a expresar a súa opinión, demostrando así que tanto profes como pais estamos moi interesados en darlles o mellor os nenos. Por eso os profes sentimos que o noso esforzo mereceu a pena.

Unha vez máis agradecer a todos os profes que puxeron moito esforzo e tempo neste proxecto. E a todos os pais e nais por a sua colaboración.

GRAZAS

1 comentario:

  1. Alédome moito de que pasedes a ter xornada continuada. Un biquiño moi grande para a profe Rocío dende Sobrada!

    ResponderEliminar