XORNADA CONTINUADA

Queremos recordar a todos os pais e nais do CEIP de Silleda que o próximo Luns día 27 de Febreiro será a votación para a xornada continuada.
A mesa constituírase ás 8:00 da mañá e pechará as 21:00 horas.

Os mestres queremos recordarvos que votar é un dereito de todos, e que deberíamos exercelo sempre que temos ocasión. Neste caso É POLOS VOSOS FILLOS.

Dende o blogue queremos faer un especial recoñecemento a todos os profes que se involucraron na elaboración do plan da nova xornada, GRACIAS polo entusiasmo e as ganas que puxestes neste proxecto.

ESPERAMOS QUE O RESULTADO SEXA O MELLOR PARA TODOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario