1º ciclo

 

 O SUPERMERCADO

O día 14 de maio de 2013, fomos o 1º nivel a un supermercado local de visita. Alí, Conchi, a segunda encargada, amosounos todas as súas seccións e coñecemos as persoas que traballan alí. Déronnos un pequeno agasallo ao final! Cando chegamos ao cole os nenos cubriron unha ficha cos produtos que se podían mercar en cada sección.
  O día 16 de maio, veu Mar, a nai de Martín, a falarnos do super e o seu traballonel. Para rematar, cada neno fíxolle unha pregunta que preparamos o día anterior. Foron uns periodistas estupendos!.
Fixemos tamén unha lectura de dous contos sobre alimentación e un mural cos recortes de propaganda dos produtos de cada sección.

 

 

UCRANIA

O día 22  de xaneiro de 2013, Antonina, a nai de Anna de 1º B, veu a falarnos de Ucrania.
Para ver as imaxes de Ucranía premede na foto. 


Se queredes escoitar a unha cantante moi popular en Ucrania " Sofía Rotaru" premede neste enlace.
Outro cantante famoso e Filip Kirkorov 
Mirade que bonitas son estas danzas populares Ucranianas:

Antonina trouxo camisas bordadas a punto de cruz dos seus pais. Despois mandou a Anna que nos lese un conto en ucraniano( Todos os nenos aplaudiron a súa intervención). Ao final, os alumnos comeron "Karpatu", unha tarta que se corta en anacos e se coloca en forma de montañas.

Ademáis os  nenos colorearon nun mapa mudo de Europa o pais de Ucranía. Fixeron un debuxo e un comentario sobre o que máis lle gustou. Colorearon unha matrioska( bonecas metidas unhas dentro de outras)  e fixeron unha guirnalda. 
VALORACIÓN DE ANTONINA

Me gustó ir a la clase de mi hija Anna para explicar sobre Ucrania. Los niños y las niñas estaban muy atentos. La profe Teresa se preparó muy bien con vídeos para explicar. Los niños miraban el baile ucraniano y estaban probando a bailar. Todos estaban alegres. Fue una experiencia muy bonita y agradable al poder contar un poco sobre mi país.




Hola chicos, aquí os dejo unas actividades divertidas de lengua

A BRUXA REGAÑADENTES


A pasada semana, o alumnado de primeiro ciclo de primaria puido desfrutar na Biblioteca do centro da lectura do conto   " A Bruxa Regañadentes" e da realización de diversas actividades sobre o conto.
Foi unha xornada moi agradábel tal e como podemos ver nas fotos



Por se algún lle quedaron ganas de volver escoitar o conto ou realizar as actividades aquí deixamos o vídeo e un enlace as actividades.




Neste mes xuño, María a nai de Uxía de 2ºA, falounos de Galicia. Tamén asistiron os nenos e nenas de 2ºB coa sua titora, Marisa.



Cando rematou María, vimos uns bailes típicos de Galicia. Primeiro a muiñeira de Lugo.




Despois a jota D´Guía polo grupo Aturuxo.




Para finalizar escoitamos cantantes famosos galegos como Luz Casal, Cristina Pato e Uxía.
Se queredes escoitalas premede os enlaces. Luz Casal No me importa nada.
 No me importa nada

  Escoitamos a Cristina Pato e a súa gaita co grupo Os sentidos.





Con Uxía cantamos todos xuntos "Túa nai é meiga"





Marisa e Teresa, as titoras, deseñamos as actividades seguintes:

-Coloreado da bandeira de Galicia.
-Preguntas sobre a conferencia.
-Localización de Galicia nun mapa mudo do mundo e España.
-Valoracíón da experiencia.

 Para rematar, María nos fala de como foi a súa experiencia:
" Al principio no tenía muy claro como iba a resultar la experiencia. A medida que iba preparando la charla con la ayuda de la profe, me gustaba más la idea.
   La experiencia superó mis expectativas al ser muy agradable y satisfactoriaAAs el haber participado en alguna actividad con los niños y al mismo tiempo con los profesores.
   Recomiendo esta experiencia a  los padres y animo a los profesores para que sigan haciendo este tipo de actividad."

As titoras queremos dar as gracias a tódalas nais e pais que contribuiron ao longo destes dous cursos a facer máis agradable o noso labor de ensinanza.Gracias a avoa de Juan Carlos que nos ensinou a facer vasos de papel, a nai de Fernando por falarnos de Venezuela, a nai de Lucia por falarnos das vacas, aos pais de Judith por falarnos de Mallorca, a nai de Noemi por falarnos de Paraguay, a Nuria (amiga de Teresa Soto) por falarnos sobre o cadro das Meninas de Velázquez...Todos eles estiveron encantados de participar nestas experiencias . Espero que poidamos seguir o ano que ven e pasalo en grande!

IT'S FRUIT TIME!
This video has been done to show you how Teresa, the second grade teacher, tells her students a story created by her, about fruit, likes and dislikes. When the story ended, the children tested different types of fruit. It was fun!! I hope you enjoy it as much as us!



PARAGUAY

En este mes de mayo,Blanca, la madre de Noemí(alumna de 2ºb)vino a hablarnos de Paraguay.Tuvimos una charla en donde me dijo de qué quería hablar.Luego realicé este vídeo con comentarios.¡Espero que os guste!

Luego vimos unos bailes:"la galopera" y "la paloma pará"

 

Finalmente escuchamos a dos famosos cantantes paraguayos(Odilio Román y Los Carapegüeños)

Noemí nos bailó Danza Guaraní con el traje típico.

Marisa y yo diseñamos las actividades siguientes :
- Coloreado de la bandera de Paragüay.
-Localizar en un mapa del mundo y de América del Sur, Paragüay.
- Preguntas sobre la conferencia.
- Diseño coloreado para encaje ñandutí.




Queredes saber cousas de Mallorca?

O proxecto do mes de marzo foi adicado a Mallorca. Viñeron os  pais de Judith, Manuel e Rita e entre os dous nos dixeron cousas moi interesantes dese lugar. Eu dinlle voz ao video cos comentarios que fixeron eles. Espero que vos agrade este vídeo.





Cando remataron os pais de Judith, os nenos escoitaron a varios intérpretes relacionados con Mallorca como Chopin, María del Mar Bonet e Lorenzo Santamaría.



Os nenos aprenderon e cantaron o estribillo desta fermosa canción de María del Mar Bonet " La balanguera" (la hilandera)



Tamén escoitaron a Lorenzo Santamaría, un cantante mallorquín que foi famoso hai xa bastantes anos pero que aínda se recorda.



Para completar a experiencia os nenos fixeron un traballo escrito sobre Mallorca.Comprendía a portada, un mapa mudo das illas Baleares, un debuxo dun siurell,unha páxina con preguntas sobre a conferencia e a súa valoración.
Para rematar a experiencia os nenos viron como se facía un siurell e logo fixeron a súa particular visión con plastilina branca e de color.¡Mirade que ben quedaron!









Para rematar os nenos viron o bolero mallorquín "Parado de Valldemosa".¡Aos nenos pareceulles moi curiosos os traxes dos homes!

A experiencia gustoulles moito aos rapaces. Agradezo a colaboración de Manuel e Rita que me dixeron que  o pasaran moi ben. Eles aconsellan a máis pais a vir ao cole a compartir as súas experiencias.


A titora de 2ºA, Teresa Soto, deleitou aos seus rapaces cun conto en inglés, o cal trataba dunha galiña un tanto despistada á cal lle rouban os ovos... A continuación podedes ver un video dese momento que aos nenos tanto lles gustou.






Neste mes de Xaneiro, Isabela , nai de Marlene veu darnos unha pequena conferencia sobre Portugal  ¡ EN PORTUGUÉS!. Nunha reunión previa decidimos sobre qué falar. Eu fixen unha presentación dixital e Isabela fixo comentarios sobre cada imaxe.
A continuación poderedes ver uns cantos vídeos de bailes e cancións típicas de Portugal. Espero que vos gusten tanto como lles gustaron aos rapaces.












Os nenos fixeron unha serie de actividades relacionadas coa conferencia:
- Portada de Portugal deseñada polos nenos
- Completar un mapa mudo da península
- Preguntas por escrito sobre a conferencia
-Exposición do galo portugués, decorado ao gusto dos nenos
-Valoración individual da experiencia.

Quero agradecer a Iasabela, e ás nais e avoas que participaron en experiencias similares no curso pasado, a súa colaboración. Moitas gracias de Teresa Soto Meijomence