Estimulación da Linguaxe

ATOPÁMOS AS DIFERENCIAS

Xogo para mellorar a atención visual. Consiste en atopar as diferencias entre duas imáxes aparentemente iguais.




DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do Libro, no Taller de Estimulación da Linguaxe, o alumnado de 6º de Educación Infantil  decidimos facer un conto colaborativo.
Non foi sinxelo poñernos de acordo en canto os  personaxes, a historia, o escenario…pero cremos que pregou a pena.
Este foi o resultado. Esperamos que vos guste.








DÍA DO LIBRO

Durante o mes de Abril no Ceip de Silleda celebramos o mes do libro. Os nosos alumnos/as convertéronse  en escritores, poetas,poetisas...
Na aula de AL tamén nos sumamos a esta actividade, e aproveitamos a ocasión para facer un Cómic no que dous dos nosos alumnos rescatan a mascota da Biblioteca Roboletra.
 Esperamos que vos guste. 



PRAXIAS
Para acadar unha correcta articulación é imprescindible ter unha boa mobilidade dos órganos bucofonatorios ( lingua, beizos padal...) . Por iso vos deixo este simpático vídeo de Bob Esponja có que os pequenos poden divertirse e a vez mellorar a mobilidade dos órganos implicados na fala.






IMAXINA QUE 
No Taller de Estimulación da Linguaxe estivemos facendo un xogo. Tiñamos que imaxinar que podíamos ter un poder máxico e contar que fariamos con el. 
Podiamos escoller entre:
-Ser invisibles.
-Ter unhas lentes máxicas coas que ver a través das paredes. 
-Unha variña máxica coa que converter cousas.
-Unha vasoira para poder voar.

Queredes ver o que eliximos? Mirade o vídeo.






TALLER DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE.

No Ceip de Silleda estase levando a cabo un Taller de Estimulación da Linguaxe para 4º e 5 º de Educación Infantil. Nel realizamos diversas actividades: praxias, sopro, audición...para estimular a linguaxe dos pequenos.
Queredes ver como traballamos ? Pois adiante, pulsade na boca.





Como estimular a Linguaxe do meu fillo/a ?

A continuación vos deixamos uns sinxelos consellos para favorecer a estimulación da linguaxe dos máis pequenos.

Se queredes acceder a eles clicade na imaxe.