2º ciclo - 3º A

 Ola! Somos o grupo de 3º A de Primaria.
Queremos ensinarvos algúns dos traballiños que fomos facendo desde que comezou o curso.
Con estes traballos decoramos as clases, os pasillos...
E como non! Tamén aprendemos!
Ao inicio de curso elaboramos unhas normas entre todos. Imos a recordalas:







Para conmemorar o Samaín decoramos unhas cabazas. Mirade que bonitas nos quedaron...







E chegou o frío inverno... Elaboramos un mural entre todos para celebralo, fixemos, bonecos de neve, casas, árbores... e como non, montañas cheas de neve!








O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz.
Falamos dos valores, algo que consideramos que é moi importante para vivir nun MUNDO EN PAZ.
Despois coloreamos estas flores e fixemos un mural con elas formando un corazón. Dentro escribimos os seguintes valores:

CONFIANZA
AMIZADE
ALEGRÍA
XUSTIZA
SINCERIDADE
RESPECTO
DIÁLOGO
HONRADEZ






Hoxe querémosvos ensinar estes traballiños que fixemos con todo o cariño para o día do pai...