RESULTADO DA VOTACIÓN

Os profes queremos agradecer a participación de tódolos pais e nais que onte acudiron a votar. O resultado é que a maioria dos pais queren a xornada única.

O mais salientable é que moitos pais viñeron a expresar a súa opinión, demostrando así que tanto profes como pais estamos moi interesados en darlles o mellor os nenos. Por eso os profes sentimos que o noso esforzo mereceu a pena.

Unha vez máis agradecer a todos os profes que puxeron moito esforzo e tempo neste proxecto. E a todos os pais e nais por a sua colaboración.

GRAZAS

XORNADA CONTINUADA

Queremos recordar a todos os pais e nais do CEIP de Silleda que o próximo Luns día 27 de Febreiro será a votación para a xornada continuada.
A mesa constituírase ás 8:00 da mañá e pechará as 21:00 horas.

Os mestres queremos recordarvos que votar é un dereito de todos, e que deberíamos exercelo sempre que temos ocasión. Neste caso É POLOS VOSOS FILLOS.

Dende o blogue queremos faer un especial recoñecemento a todos os profes que se involucraron na elaboración do plan da nova xornada, GRACIAS polo entusiasmo e as ganas que puxestes neste proxecto.

ESPERAMOS QUE O RESULTADO SEXA O MELLOR PARA TODOS.

Don Domingo empeza a andaina no blog

Ola a todos e todas!
É a miña primeira entrada no blog, así que saúdos en xeral.
Esta primeira entrada é, máis ben, unha proba; trátase dunha actividade interactiva de verbos para o alumnado do 3º ciclo. Abride a carpeta do 3º ciclo e a traballar.

ESTA FOI A CANTIGA MÁIS ESCOITADA NESTE NADAL!!!!


A coñecida revista galega de etnomusicoloxía RETNO-Folke acaba de publicar na súa última edición o ranking das cantigas máis escoitadas neste Nadal. E no número 1 atópase a Cantiga do Apalpador, interpretada polo alumnado do Ceip de Silleda.
NORABOA!!









As mestras e mestres de primeiro ciclo de primaria, celebramos o día da paz cos rapaces. Fixemos unha árbore na cal os nen@s colgaron os seus compromisos, escritos nunha man branca. Neste video podedes ver como traballamos ese día e o ben que o pasaron os rapaces...