Dámosvos a benvida!!!!!!!!!!!!

Este é o novo blogue do CEIP de Silleda, que pretende ser un punto de encontro para toda a comunidade educativa.
Para que serve un blogue?
Quen pode entrar no blogue?
Que che gustaría atopar nel?

...esperamos as vosas respostas.

VISITAMOS O MOSTEIRO DE CARBOEIRO

O pasado mes de xuño as nenas e os nenos de 5 anos visitaron o Mosteiro de Carboeiro. Ían na procura de Roboletra, pero non deron con él. Só se atoparon con tres lavandeiras que lles contaron que Roboletra xa marchara porque botaba de menos aos nenos e nenas do cole. Mirade este vídeo veredes que ben o pasaron en Carboeiro!
FESTA COAS FAMILIAS NA CARBALLEIRA DAS PEDROSAS
actividades de ortografí

RESULTADO DA VOTACIÓN

Os profes queremos agradecer a participación de tódolos pais e nais que onte acudiron a votar. O resultado é que a maioria dos pais queren a xornada única.

O mais salientable é que moitos pais viñeron a expresar a súa opinión, demostrando así que tanto profes como pais estamos moi interesados en darlles o mellor os nenos. Por eso os profes sentimos que o noso esforzo mereceu a pena.

Unha vez máis agradecer a todos os profes que puxeron moito esforzo e tempo neste proxecto. E a todos os pais e nais por a sua colaboración.

GRAZAS

XORNADA CONTINUADA

Queremos recordar a todos os pais e nais do CEIP de Silleda que o próximo Luns día 27 de Febreiro será a votación para a xornada continuada.
A mesa constituírase ás 8:00 da mañá e pechará as 21:00 horas.

Os mestres queremos recordarvos que votar é un dereito de todos, e que deberíamos exercelo sempre que temos ocasión. Neste caso É POLOS VOSOS FILLOS.

Dende o blogue queremos faer un especial recoñecemento a todos os profes que se involucraron na elaboración do plan da nova xornada, GRACIAS polo entusiasmo e as ganas que puxestes neste proxecto.

ESPERAMOS QUE O RESULTADO SEXA O MELLOR PARA TODOS.

Don Domingo empeza a andaina no blog

Ola a todos e todas!
É a miña primeira entrada no blog, así que saúdos en xeral.
Esta primeira entrada é, máis ben, unha proba; trátase dunha actividade interactiva de verbos para o alumnado do 3º ciclo. Abride a carpeta do 3º ciclo e a traballar.

ESTA FOI A CANTIGA MÁIS ESCOITADA NESTE NADAL!!!!


A coñecida revista galega de etnomusicoloxía RETNO-Folke acaba de publicar na súa última edición o ranking das cantigas máis escoitadas neste Nadal. E no número 1 atópase a Cantiga do Apalpador, interpretada polo alumnado do Ceip de Silleda.
NORABOA!!









As mestras e mestres de primeiro ciclo de primaria, celebramos o día da paz cos rapaces. Fixemos unha árbore na cal os nen@s colgaron os seus compromisos, escritos nunha man branca. Neste video podedes ver como traballamos ese día e o ben que o pasaron os rapaces...

Xuntanza informativa sobre a xornada única

A comunidade educativa do CEIP Silleda, reuniuse onte para informar e cambiar impresións sobre a posible implantación da xornada única.
Para esta reunión contouse coa colaboración da presidenta da AMPA do CEIP Silleda, e tamén cun membro da AMPA do CEIP Manuel Rivero de Lalín.
Ambolos dous acompañados da directora do CEIP Silleda e da portavoz da comisión da xornada única Silvia Peña, explicaron as vantaxes e desvantaxes que esta xornada ten para os alumnos.
Os pais e nais tiveron oportunidade de plantexar as suas dúbidas en torno as cales xurdiu un pequeno debate.
Lembrade que o vindeiro 27 de Febreiro serán as votacións e esperamos que todos expresedes a vosa opinión.
Os profes



CANTIGAS DE NADAL

Xa chegou o Nadal e con el as súas fermosas cantigas!Aquí vos vai a primeira Muxicas no ceo de Belén.